Tuesday 23 de April de 2024

A Semana Santa chega a Ordes


A Semana Santa xa chegou a Ordes. Cumpriuse coa tradición da bendición de ramos, acto que tivo lugar na mesma alameda. Alí concentrouse numeroso público co seu ramo de loureiro ou olivo na man á espera de ser salpicado pola auga santa. A maioría dos veciños e veciñas xa participara previamente na procesión da ‘borriquiña’. Tras a súa saída da igrexa de Santa María a imaxe percorreu as rúas Entre parques, Recreo e Alfonso Senra para regresar ao templo onde tivo lugar a eucaristía.

Deste xeito a Cofradía da Nosa Señora das Dores inicia os actos litúrxicos oficiais correspondentes co seu programa de Semana Santa. O máis destacado é a procesión da Virxe da Soidade, a cal terá lugar ás 21 horas do Venres Santo.